Datación por luminiscencia de depósitos fluviales y eólicos en el margen occidental de Galicia

  1. Arce Chamorro, Carlos
Dirixida por:
  1. Juan Ramón Vidal Romaní Co-director
  2. Jorge Sanjurjo Sánchez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. Aurora Grandal-d'Anglade Presidente/a
  2. Jesús Fernández Ruiz Secretario/a
  3. Alicia Medialdea Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 493995 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A aplicación e desenvolvemento da técnica de datación absoluta por luminescencia nos últimos anos permitiu coñecer o tempo de enterramento de sedimentos durante o Holoceno e o Pleistoceno Superior, dentro dos límites da técnica, de uns 150 ou 200ka para o sinal OSL a partir de grans de cuarzo, e de 500ka ou máis, para o sinal pIR-IRSL de feldespatos. Estes sinais son xerados por a redistribución de cargas a través da rede cristalina dos grans dos minerais debido a radiación natural que incide sobre os mesmos dentro do sedimento, até un nivel de saturación que non permite atinxir idades mais antigas das mencionadas. Existen unha serie de condicionamentos que deben ser considerados para aplicar o procedemento de datación mais axeitado. Por exemplo, ao contrario do que acontece cos sedimentos eólicos, cuxa sinal de luminescencia é ben branqueada pola luz solar cando son transportado polo vento antes da sua deposición, os sedimentos de tipo fluvial poden sufrir un branqueamento incompleto do sinal debido as condicións de turbidez da auga que os transporta antes da súa deposición, que podería levar á presenza dunha carga residual herdada que é engadida a aquela xerada durante o tempo de enterramento, e que resultaría nunha sobre-estimación da idade. Para este traballo de tese de doutoramento aplicaranse técnicas de luminescencia en depósitos fluviais e eólicos desenvolvidos, de idade descoñecida ate o de agora, na marxe atlántica da Península Ibérica. Isto permitiu por a proba a aplicación da técnica e ampliar o coñecemento da evolución da costa nesta rexión o langa dos últimos estadías glaciais e interglaciais do Cuaternario. Para este fin foron seleccionados algúns dos depósitos fluviais costeiros desenvoltos no curso baixo da bacía do río Mero (A Coruña, Galicia, España) e na desembocadura do río Ulla na localidade de Catoira (Pontevedra, Galicia, España), así como algúns dos aflora mentas correspondentes a antigas dunas presentes o langa da fachada atlántica de Galicia, nas provincias de A Coruña e Pontevedra.